O grupo de empresas VALIÑAS, provén dunha pequena empresa familiar, fundada no ano 1976 por D. Carlos Valiñas García, que nunha primeira fase dedicábase maioritariamente a construción de vivendas unifamiliares en distintos concellos da Comarca do Salnés.
Posteriormente e grazas o ben facer da empresa e a confianza dos seus clientes, comeza unha nova fase expansiva que se caracteriza pola construción de todo tipo de edificacións: edificios de vivendas, industriais, hoteleiro, oficinas, etc, actividade consolidada a data de hoxe e que se combinan ca promoción de vivendas iniciada na década dos 80 en distintos concellos da provincia de Pontevedra.